ASESORÍA XURÍDICA
O asesoramento xurídico é importante para as empresas. A correcta defensa dos seus intereses precisa de profesionais especializados que lle ofrezan un servizo de calidade, cun trato personalizado e directo. O noso equipo está formado por especialistas en cada unha das materias nas que traballan e teñen unha formación continuada e acceso aos máis avanzados sistemas de información legal e xurisprudencial, para así garantizar a excelencia dos nosos servizos. O noso departamento xurídico centra a actividade nas seguintes áreas:
Dereito Laboral
- Contratos de traballo
- Contratos de Alta Dirección
- Situación Laboral / Mercantil dos Administradores da Sociedade
- Convenios Colectivos
- Sancións
- Despidos
- Expedientes de Regulación de Emprego (ERE)
Dereito Tributario
- Asesoramento fiscal
- Solicitude de devolución de ingresos indebidos
- Procedementos de apremio por débedas fiscais e da Seguridade Social
- Herencias e Sucesións
Dereito Procesal
- Mediación
- Execución de títulos xudiciais
- Contratos civís e mercantís
- Procesos Familiares e sucesorios
- Reclamacións extraxudiciais de cantidade
ASESORÍA FISCAL
A nosa vantaxe competitiva é ser un equipo multidisciplinar de asesores fiscais, que analiza as súas obrigas fiscais e tributarias non só dende un ángulo de xestión fiscal, senón dende unha visión integral delas. En dito análise participan profesionais que aportan un profundo coñecemento da realidade empresarial, o que fai posible que as solucións que lle ofrezamos sexan globais, personalizadas e altamente eficaces. As declaracións tributarias serán presentadas telemáticamente por Nova Xestión Limes nas correspondentes Administracións Tributarias.
- Asesoramento e xestión fiscal de Empresas.
- Asesoría Tributaria.
- Inspeccións e representacións Fiscais.
- Recursos e Reclamacións.
- Solicitude de devolucións de ingresos indebidos.
- Fraccionamentos e aplazamentos de pagos.
- Fiscalidade de Empresas Construtoras e Inmobiliarias.
- Fiscalidade de Fundacións e outras entidades non lucrativas.
- Procedementos de apremio por débedas fiscais e da Seguridade Social.
- Procedementos Contencioso-Tributarios.
- Planificación Fiscal, Nacional e Internacional.
- Tributación Internacional.
- Operacións vinculadas.
ASESORÍA LABORAL
- Asesoramento e Xestión Laboral de Empresas.
- Contratos, Nóminas e Seguros Sociais.
- Informes de costes salariais.
- Despidos e Expedientes de Regulación de Empleo.
- Reclamacións de cantidade.
- Conciliacións ante o SMAC e outros organismos.
- Xulgados do Social.
- Recursos Xurisdiccionais e Administrativos.
- Asesoramento e asistencia en Inspeccións de Traballo.
- Elaboración de convenios colectivos de empresa.