Nueva página web
Bienvenidos a la nueva página web de Nova Xestión Limes.
O asesoramento xurídico é importante para as empresas. A correcta defensa dos seus intereses precisa de profesionais especializados que lle ofrezan un servizo de calidade, coun trato personalizado e directo. O noso equipo está formado por especialistas en cada unha das materias nas que traballan e teñen unha formación continuada e acceso aos máis avanzados sistemas de información legal e xurisprudencial, para así garantizar a excelencia dos nosos servizos.
A nosa vantaxe competitiva é ser un equipo multidisciplinar de asesores fiscais, que analiza as súas obrigas fiscais e tributarias non só dende un ángulo de xestión fiscal, senón dende unha visión integral delas. En dito análise participan profesionais que aportan un profundo coñecemento da realidade empresarial, o que fai posible que as solucións que lle ofrezamos sexan globais, personalizadas e altamente eficaces. As declaracións tributarias serán presentadas telemáticamente por Nova Xestión Limes nas correspondentes Administracións Tributarias.
Asesoramento e Xestión Laboral de Empresas. Contratos, Nóminas e Seguros Sociais. Informes de costes salariais. Despidos e Expedientes de Regulación de Empleo. Reclamacións de cantidade…
Partindo da constante e complexa evolución que supone a actividade normativa e xurisprudencial, a base do bufete parte da división organizativa por áreas e por a especialización dos seus avogados.