Benvidos ó sitio web de Nova Xestion Limes

Aberto o plazo para inscribirse nos cursos de Manipulación de Alimentos e Alérxenos Alimentarios

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Sanidade,ven de abrir o plazo para inscribirse nos cursos de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade. Para obter máis información dirixirse ás instalacións da Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, número 1, As Lagoas. A inscrición será no rexistro xeral do Concello e deberá ir acompañada dun volante de empadronamento no municipio.

Curso de Manipulación de alimentos
O martes, 21 de febreiro, terá lugar un Curso de Manipulación de Alimentos. O horario será de 09,00 a 13,00 horas.

Curso sobre Alérxenos alimentarios
O martes, 7 de marzo, realizaráse un Curso adicado a coñecer os Alérxenos Alimentarios. O horario será de 09,00 a 13,00 horas.

Beneficiarios e inscrición
Senllos cursos están dirixidos a profesionais da hostalaría, profesionais da saúde e xestores de comedores colectivos, así como a todos aqueles interesados na promoción das boas prácticas alimentarias.

Deben estar empadroados no Concello de Ourense e para inscribirse, de balde, deben presentar no Rexistro Xeral do Concello a súa instancia de procedementos xerais solicitando o curso, o horario, así coma o certificado de empadronamento.

Os cursos terán lugar da Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, nº1.

Noticia na web do Concello de Ourense

cartel_alimentos

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *